domingo, 23 de diciembre de 2007

NÓS

Perto de tí,
có corpo prendido
disposta a entregarme
a esa choiva máxica.
A esa tormenta de ensono,
crúzasme en tódolos tempos e espazos,
forte rápido.

Chove,
o sol está dentro de nós,
e o furor, a choiva.

Despoxámonos da forza do ensono,
e a pequena morte rabuña con cólera o monte,
convulsións firmes...perto de tí

viernes, 21 de diciembre de 2007

AMAR A UNHA INDIA

Astral.
a maxia.
cántico pagán.
e os teus son ollos de boi fendendo o rego que me abre.
o lume da fogueira no que empreño.
pronunciarte ten o risco de desaparecer no abismo.
toda rocha ten o seu principio na escuma con que a bates
porque nada hai que se asemelle ó movemento do furor
do teu océano total das túas augas,
a fame coa que bicas ante a morte.

Bicos.

jueves, 20 de diciembre de 2007

MENÚ 21/12/07

Salteado de grelos con pementos do piquiño
Revolto de peixe
Sopa de polo

Espetos de rape
Guiso de tenrreira
Pisto

Pan, bebida, postre e café 11e

SEN PÉS NIN TESTA

Hai momentos situacións que fan alborotar todo o corpo. SENTIR. De súpeto, mírannos e todo nos se estremece, latexa o corazón a cabeza non rixe ben e sabes que iso non o debes sentir, e non deberías sentilo.
Son sentimentos contradictorios, queres e debes, debes e non podes, pero si queres,¿cómo actúar?,¿que facer?, no fondo son sentimentos, e a razón non pode cambialos, non hai explicación lóxica porque non se poden explicar.
Estas a tremer por dentro, estás a desexar, estás a sentir, estás a pensar,¡BUENO! , e cando podes pensar sabes que esto que algúns poden identificar como namoramento, non e máis que desexo.
O desexo que conclúe o saguinolento milagre de estar vivo, o amencer do sangue sobre o corpo e o desexo que nos leva por vez primeira a nos sentir.
BICOS.

miércoles, 19 de diciembre de 2007

MENÚ 20/12/07

LACÓN FRÍO
ESPARRAGOS GRATINADOS
CALDO GALEGO

PARRILLADA DE PEIXES
CALLOS
ARROZ JARDINERA

Pan, bebida , café e postre 11e

COHETES

O amor quere saír de sí, confundirse coa súa víctima. Como o vencedor có vencido, e, nembargantes, conservalos privilexios do conquistador.
As voluptuosidades do que manten a unha amante participan a vez do anxo e do propietario. Caridad e ferocidade. Incluso son independentes do sexo, da beleza e do xénero animal, íntima relación entre a ferocidade e o amor.
BICOS.

martes, 18 de diciembre de 2007

MENÚ DEL 19/12/07

SOPA DE ARROZ
PULPO FEIRA
SALTEADO DE SETAS C/BACON

LACÓN CON GRELOS
BACALLAO CON CREMA DE CEBOLA
BERENXENAS Ó FORNO

Bebida, pan, postre é café 11e

lunes, 17 de diciembre de 2007

menú 18/12/07

ENSALASA DE PATACA CON AGUACATE
FABADA
TÁBOA DE EMBUTIDOS GALEGOS

TOURNEDO DE PENCA
ESCALOPIÑOS GRATINADOS
MENESTRA


Bebida, pan, postre e café 11e.

jueves, 13 de diciembre de 2007

¨A brizna de herba¨

Díxolle unha brizna de herba a unha folla que caeu no outono: ¨Fas tanto ruido o caer que espantas tódolos meus soños invernais¨.
A folla respondeu indignada:¨Es un ser de baixo berce e miserable morada, un ser repugnante e sen canto; non vives nas altas esferas nin coñeciches nunca a canción¨.
Despois, a folla caeu sobre a terra e durmiu.
O chegar a primavera volveu espertar, e convertiuse nunha brizna de herba.
E cando chegou o outono, e durmía no seu sono invernal, as follas do outono, comenzaron a caer sobre ela. E a brizna de herba murmurou: ¨¡Ah , estas follas do outono; fan tanto ruido que espantan os meus sonos invernais!¨.

MENÚ 14/12/07

ESPARRAGOS GRATINADOS
SOPA DE POLO CON FIDEOS
ENSALADA MIXTA

RODABALLO Á GRELLA
GUISO DE CARNE
COLIFLOR Á GALEGA


Pan, bebida e postre 11e

miércoles, 12 de diciembre de 2007

MENÚ 13/12/07

CALDO
REVOLTODE ATÚN
CREMA VERDE

CALLOS
ARROZ MARIÑEIRO
PANACHÉ DE VERDURAS



Pan ,bebida, postre e café 11e

OS PANTASMAS ,MELLOR VISIBLES

Non é necesario ser un cuarto- para estar embruxado-
nin unha casa-
o cerebro ten corredores- que superan
os lugares materiales-

é millor atopar a media noite
unha pantasma visible que afrontar nó interior-
ese innquilino máis xeado.

É millor atravesar galopando unha abadía
apedreado-
que atoparse a sí mesmo sen armas-
nun mundo solitario-

Ese un mesmo, detras de un mesmo oculto-
debe sobrecollernos máis-
o asasino oculto no noso apartamento
será un menor horror.

O corpo- busca un revolver-
ponlle cerroxo a porta-
presentindo unha pantasma superior-
ou máis.

Bicos.

martes, 11 de diciembre de 2007

MENÚ 12/12/07

SOPA DE PEIXE
TÁBOA DE EMBUTIDOS GALEGOS
REVOLTO DE GRELOS

PESCADA EN MOLLO DE CHÍCHAROS
TORTA DE VERDURAS
LACÓN CON GRELOS

Pan, bebida, postre e café 11e

SOL Y CARNE

Ese fogar que é o sol, de tenrrura e de vida,
verte á terra do seu amor coa súa corrente prendida.
Poderédes sentiLa si ficades no seu val deitados,
que dá terra núbil, o sangue desbordou
e que o seu inmenso peito, que unha alma fai ascender,
é,¡de amor,carne, como muller,
e que encerra, preñada de savia e de ilusións,
nun tremendo formigueo, tódolos embrións!. Bicos

lunes, 10 de diciembre de 2007

11/12/07

FABADA
SALTEADO DE ALGAS C/PEMENTOS DO PIQUIÑO
SALADA DE AGUACATE C/ VINAGRETA DE LANGOSTINOS

RAXO C/ PATACAS
BACALLAO Ó FORNO
MENESTRA DE VERDURAS

Bebida , café, e postre 11e

MENU 10/12/07

Lentellas vexetais
Polbo feira
Lacón no seu mollo

Polo ó forno
Espetos de rape e langostinos
Berenxenas recheas.

Pan, bebida, café e postre 11e

domingo, 9 de diciembre de 2007

AMORES CATIVOS

Hoxe volvín ler un poema que pareceume que alguén o escribira onte, ou ben o 25 de novembro, lede e dicirme si non vos é máis que actúal.

Era delor i era cólera,
era medo i aversión, era un amor sin medida,
¡era un castigo de Dios!

Que hai uns negros amores de índole ponzoñenta
que privan os espritos, que turvan as conciencias,
que morden si acariñan, que cando miran queiman,
que dan dores de rabia, que manchan e que afrentan.
Máis val morrer de friaxen
que quentarse á súa fogueira.

Bicos.

miércoles, 5 de diciembre de 2007

GIBRAN JAIL GIBRAN

O SEPULTUREIRO


Nunha ocasión, cando estaba a enterrar a un dos meus egos acercouse a mín o sepulturero para dicirme:¨de todólos que veñen eiquí a enterrar os seus egos mortos, só tí me es simpático¨. Eu dixenlle que enchíanme de ledicia as súas verbas, pero que me dixera por favor porque lle inspiraba simpatía; el contestoume:¨porque tódolos que veñen enterrar os seus egos chegan eiquí chorando e vanse chorando; só tí chegaches rindo e vaste sorrindo¨.

MENU 05/12/07

Pulpo feira
Caldo galego
Salteado de cogumelos con pementos do piquiño

Lacón con grelos
Parrillada de peixes
Berenxenas recheas de vexetais e froitos secos

Bebida, café e postre 11e

jueves, 29 de noviembre de 2007

MENÚ 30/11/07

SOPA DE VERDURAS
REVOLTO DE BACALLAO
CROQUETAS DE CARNE

CINTA DE LOMO IBÉRICO NO SEU MOLLO
CHIPIRÓNS CON FIDEOS
TORTA DE VERDURAS SOBRE CREMA DE COGUMELOS

Pan ,bebida café e postre 11E

martes, 27 de noviembre de 2007

PERDÓA, ¡SÍ¡ ¿PERO ATA CANDO?

Hoxe vai voltar a ser o primeiro día da súa vida, hoxe vai deixar de sela víctima, vai deixar de mirar só para o seu ombrigo.
¡Qué cómodo é!, escudarse en ser ela( a que tanto padece a que tanto traga), hoxe ten que aprender a pedir perdón a darse conta que na¨Casa dá pradera ¨, todo era moi bonito, e ó final todo saía ben , pero ela está a conseguir que esto sexa máis parecido a unha traxicomedia grega.
Pensa que ,¡ Santiago non ten un río que poidades cruzar en góndola¡.
Grazas e perdoa ten que aprender a dicir; pero no momento que teña que mirar por outro que non sexa ela a empresa tornase difícil, deixar de ser a víctima e complexo, parece que é máis feliz sufrindo, que deixando que a vida a sorprenda, que é certo, non se pode examinar a alguén as 24 horas dó día porque nesa proba tamén ela ía suspender (dona perfecta).
Fainos falla moitas veces poñernos na pel do outro, así veríamolo todo mellor.
A tí decirche, que está moi ben decir perdoa sentindoo de verdade, pero, procura que dentro de 15 días non teñamos que voltar a falar, porque igual cando te deas conta el xa non está.

domingo, 25 de noviembre de 2007

Día internacional para a eliminación da violencia de xénero

E TÍ, QUE OPINAS DOS MALOS TRATOS ÁS MULLERES?

Este é o eslogan da xunta de galicia , eu penso que a este eslogan sóbralle ¨ás mulleres¨, porque estas situacións estanas a padecer mulleres, homes e nen@s, a violencia e violencia e ningunha víctima e máis importante que outra, todas están a sufrir e a padecer de igual modo e por todas elas debemos erguernos non só o día de hoxe senón os 365 días do ano ata que este cancro desapareza.

¨A violencia de xénero é probablemente a máis vergoñenta violación dos dereitos humanos. Mentres continúe, non podemos afirmar que esteamos a lograr progresos reais cara á igualdade, o desenvolvemento e a paz¨ ONU.

Eu osaría a recomendar un libro que vos vai facer ver moi de perto esta realidade, e ós máis sensibles poñeranselle os velos de punta, DESHONRADA , Los derechos de la mujer contra los abusos de una tradición cruel; impactante libro e moi sinxelo de ler.
O que padeceu esta muller non foi una simple violación multiple senón un auténtico acto de terrorismo en tódolos aspectos.
O verdadeira honra dunha patria : permitir cunha muller , analfabeta ou non, poda erguela voz contra a inxustiza que a fai víctima; ela plantexase a seguinte pregunta : si a muller e a honra dó home, ¿por qué quere violar e matar esa honra?.
Para rematar, hoxe escoitei unha frase que me puxo o pelos de punta ¨había que matalos¨, eu penso que eso é o mesmo, o outro extremo dá corda, porque , despreciar ós homes non é a solución para progresar no respeto, o que hai que tratar e de que non haxa combate e sexamos tod@ iguais,porque a violencia non ten xénero. Bicos.

sábado, 24 de noviembre de 2007

ESTOU DE VACACIÓNS

Hoxe comenzan as miñas vacacións,así que, vou ter un pouco máis de tempo para desafogarme con quen me quera ler; un bico e hasta dentro dun rato.

viernes, 23 de noviembre de 2007

SAFO

Outra inquietude:

"Que puedo hacer, no lo sé: mis deseos son dobles.

"...no es que pueda tocar ¿con las manos? el cielo".

¿Quiero guardar todavía mi doncelllez?

"Como un niño he volado junto a la madre".

...Afrodita, atiende:
no atormentes más con pesar y angustia
mi alma señora,

sino ven aquí, si mi voz de lejos
otra vez viste y me escuchaste
y dejando atrás la dorada casa
patria viniste,

Y llegaron pronto,y tú, dichosa,
con divino rostro me sonreias
preguntando que me pasaba, o qué otra
vez te llamaba

y qué prefieres que en mi alma locca
me sucede ahora: <¿A quién deseas
que a tu amor yo lleve? Ay dime, Safo,
¿quién te hace daño?

Pues si huyo de tí, pronto irá a buscarte;
si aceptar no quiso, dará regalos;
te amará bien pronto, si no te ama,
aún sin quererlo>.

Ven también ahora
y de amargas penas
líbrame, y otorga lo que mi alma
ver cumplido ansía, y en esta guerra,
sé mi aliada.

Agora cadaquén que quite a súa conclusión. Bicos

jueves, 22 de noviembre de 2007

MENÚ 23/11/07

EMPANADA GALEGA
ESPARRAGOS GRATINADOS
SALADA MIXTA

SALMONETES Á CATALANA
ARROZ DE VERDURAS
POLO Ó FORNO

Pan, bebida,postre e café 11e

miércoles, 21 de noviembre de 2007

MENU 22/11/07

SOPA DE PEIXE
PATACAS RIOXANAS
SALTEADO DE ALGAS C/ PEMENTOS DÓ PIQUIÑO

CARNE Ó CALDEIRO
ESPETOS DE RAPE E LANGOSTINOS
PISTO DE VERDURAS

Pan bebida e postre, 11E

martes, 20 de noviembre de 2007

MENÚ 21/11/07

REVOLTO DE GRELOS
CHIPIRÓNS FRITIDOS
CROQUETAS MAR E TERRA


PARRILLADA DE PEIXES
CODILLO Ó FORNO
PASTEL DE VERDURAS

Pan, bebida e postre 11e

HAI ALGO MÁIS

Que conste que neste blog hai algo máis que menús, xúrobolo hai unha persoa que quere compartir as súas inquietudes con todos os que as queiran ler, o miña intención era falarvos do que pasaba na nosa cociña pero ata o día de hoxe estiven máis preocupada por outras cousas, e necesitaba desfogarme dalgunha maneira e foi a que podedes ler debaixo dos menús, un bico a tod@s.
¡A!, por certo, Isra xa voltou o traballo, estaba de vacacións, é o outro camareiro que hai no local un mozo cubano moi agradable que ten o seu carácter, igual que todos nós, entra Isra e foisenos María(de vacacións).Tranquilo Hector que mañán si vou contar algo de todos nos.Bicos de novo que isto non se cobra.

MENÚ 20/11/07

SOPA DE POLO CON FIDEOS
TÁBOA DE EMBUTIDOS GALEGOS
PULPO FEIRA


PEIXE ESPADA
CINTA DE LOMO DE PORCO IBÉRICO
MENESTRA DE VERDURAS

Pan, bebida e postre 11e.

domingo, 18 de noviembre de 2007

MENÚ 19/11/07

CALDO GALEGO
REVOLTO DE GRELOS
POLIÑO EN SALSA

GUISO DE TENRREIRA
PERCA Á PRANCHA C/ VINAGRETA DE LANGOSTINOS
BERENXENAS RECHEAS DE VEXETAIS E FRUTOS SECOS

PAN, BEBIDA E POSTRE. 11E

sábado, 17 de noviembre de 2007

PERDOAME SI NON O RELATO BEN

Agora son, é serei durante un tempo,
unha murallla roida polo desgaste.
¡Unha caída augurada!,polos feitos, polas verbas.
As súas mans insensibles, xa non me fan notar,sentir(mentira)
Xa todo esta silenciado
os bicos, as verbas o arrecendo, ata o silencio que nos agradaba.
A erotica táctil das miradas tornouse pétrea.
Hoxe recibe o mausoleo o," meu", máis grande, que foi sentir, notar, ¡ser!.
¿Namorado? que curto e lonxano
si esto soubera, chucharíate máis,
gustaríame ser, o que nunca fun, a túa raíña;
porque hoxe non habelo sido, afundeme moito máis que máis.
Fuxíches igual que esa lúa que namora,
pero baixas a testa e cando a levantas¡ xa non está!
Xa só queda de tí........¡eu!
E agora quero dicir que a miña testa , NON RECIBE,
xa vale,¡ NON MÁIS!.
BICOS.

QUEIXUMES...NON DOS PINOS, DE MOITOS

-Fora abondo co aprobio pasado

dun brando servir,

madre escura de escuros ilotas,

Mesenia infeliz.

-A Pitia convulsa

Dixera de ti:

o oráculo dixo

- Quen serve, ese é vil.

Ser forte ou escravo,

morrer ou vivir;

cinque o peito de esforzo e ferro,

Spartaco cho di;

¡esnaca na frente de quen cho lanzara

O estigma servir¡

EDUARDO PONDAL

Eduardo Pondal) (1835-1917)

É alucinante, que no 2007 estas verbas seguen vivas non só porque son del, porque foi, é, e será, senón porque non cambiou o seu fondo, si as formas, non o contido.

O bardo xa non está

E hai poucos que berran

que saben que debe mudar

por qué hai tanto xordo

¿non queren escoitar?

seguen sendo ilotas

temen falar

hoxe hai democracia

¡ou quero pensar!

A veces afogo

e quero mudar

ser coma eles

autómata xordo

que se deixa guiar

Pero algo no fondo

non me deixa “actuar”

guste ou non guste

eu poido pensar

e aínda que saiba

que esto non os vai facer mudar

eu, ¡son! seino, mais grande

porque non sei abandoar.

-Sigue existindo ó amo

que cree saber

e é un ilota que só tivo bo nacer

escravo do carto non do saber.

Cando escoito historias, non,¡ realidades!, e as actuacións dalgúns ante elas respóstome que quizais, todo esto tenos que pasar, e que algúns meréceno;pero despois que me pasa o cabreo ,¡ non!, ninguén merece que o traten coma un animal , sei o que é padecer a esta clase de xente e nunca poderei desexarlle tanto mal a ninguén. ¿onde están os que nos teñen que defender, esos que suponse que cobran por moverse polos intereses dó traballador?.

Seguimos sendo os mellores personaxes dos poemas de Cabanillas, os dá terra asoballlada, porque si moitos deixanse asoballar, e a eses, polos que antes preguntaba deberíanlles informar; todos deberíamos coñecer os nosos dereitos porque das obrigas, deso.....¡qué nos van contar!. BICOS.

jueves, 15 de noviembre de 2007

16/11/07

O MENU DE MAÑÁN

Sopa de peixe
Aliñas de polo
Salada de endivias c/ queixo azul


Merluza con salsa de cebola
Entrecot a grella
Pastel de verduras


PAN, BEBIDA, E POSTRE.

Non fales máis de min

Onte chamoume moito á atención a reacción dunha persoa.Pareceume que tiña un medo irracional totalmente racional.Cóntovos: fun tomar un café cunha amiga e chegou acompañada dun rapaz,puxémonos a falar dos nosos blogs(as dúas somos novatas),conteille o que eu puxera correndo porque quedara con ela e non chegaba a tempo,bueno, ela fixo o mesmo, de súpeto a cara do rapaz mudou cando escoitou que ela falara de él,dixo:"¿hablaste de mí"?,¿dijiste que soy del este?,¿y si vienen a por mí?,¡con todo lo que está pasando¡, por favor no hables más de mí.
os seus ollos tiñan ese brillo propio do que vai romper a chorar, pero tamén no continuo movemento dos mesmos(non podía mirar nada fíxamente)podíase ver perfectamente o medo,¡non¡, temor, pánico,¡non sei¡, pero sentínme fatal,e sentín tanta empatía que estiven adoecida durante todo o servizo(no traballo).
parece mentira ,(non o é) que hoxe en día e despois do que temos sufrido e emigrado permitamos que poida haber xente que poida albergar tal temor, e vemos que desgraciadamente este temor esta moi fundado.
Este sentir xenófobo colócanos nunha "época"que eu quero pensar que morreu,ou debería estar morta.Estas actuacións son sinónimo de atraso e derrota.
Bueno, remato xa, só lle pediría a toda esa xente que sigue soltando a trillada frase de que nos veñen quitalo traballo que se informen un pouquiño máis, que se enteren de todo polo que teñen que pasar para obter un posto de traballo, en que condicións, etc; pero si se preocuparan de coñecer un pouquiño máis a situación destas persoas, moitos abrirían os ollos, ¿e? quedarían sin argumentos para seguir odiando , ese, é o seu medo.
Xa por último, e agora si que remato, fálase moito últimamente de condeas exemplares,para que a xente poidase concienciar, creo que aínda onte trataron de facelo pola portada dunha revista, a ver si fan o mesmo có caso de barcelona, porque creo que en esto a xente, sí, debería estar máis que concienciada.

miércoles, 14 de noviembre de 2007

Hola... con este blog o que quero é contar e compartir ,as miñas e as nosas historias,as historias da cociña do restaurante Rúa.
Fai tempo alguén díxome que si nunha cociña estivera instalada unha cámara, ningún reality podería superala en audiencia. A verdade é que si temos algún parafuso un pouquiño froxo e tamén témos a grande sorte de poder dicir que somos compañeiros e respetamonos moito.
Bueno vounos presentar: María, é unha grande compañeira ,é rumana e extremadamente cabezona,como lle digo eu é unha castrona, ten un humor moi fino e gracias a ela podo poñer no meu curriculo que entendo o rumano "calado", en catro meses consigo entendela sin que teña que soltar verba, dela teñovos moito que contar, pero vai ser mais adiante.Hector, é o home da cociña e penso que pode dicir que o temos moi ben coidado,tamén eé un gran compañeiro e grande traballador,sin él a cociña estaría cando hai traballo feita un cristo, parece mentira pero o que recolle e o máis ordenado é el. Eu, son a que vai escribir esto a que vai tratar de acercarvos a nosa cociña e tamén do que me pasa diariamente, o meu neno ,o meu neno ,é todo o que pasa por esta cabeciña tola. Tamén compartrei frases, parrafos que pra min son importantes, chegaredes a dicir de mín,esa frase que tan famosa está sendo esta semana "por qué no te callas", no restaurante din que non calo nin debaixo da auga, sobre todo o "salteado"(Francisco), un dos camareiros mañán fálovos dos demais.BICOS.


ERUNT DUO IN CARO UNA(¿Dos en una carne sola)