martes, 22 de abril de 2008

¿A MORAL PURITANA?

A moral puritana caracterízase pola reprobación de supostas conductas impúdicas, que nenbargantes, non entrañan prexuízo para ninguén. Os puritanos pregoan un severo código moral que, no fondo, encubre unha serie de prexuízos socialmente arraigados, un perverso repudio dos placeres do corpo e un afán por gardar ante todo as apariencias. Fernando Savater, no seu libro ¨Ética para Amador¨, atina ilustrando esa falsa moral desta maneira:

Unha señora chamou a policía para protestar por unhos mozos que se estabanse a bañar espídos diante da súa casa, a policía alonxou ós mozos, e a señora voltou chamar, os mozos alonxarónse todavía máis, pero a boa señora,¡ veña a chamar!, entón o inspector díxolle: ¨señora están a máis dun kilómetro e medio de distancia...¨ e señora respostou tremendamente indignada:¨¡Sí pero cós xemelgos sígoos vendo¨!.

Bicos.

viernes, 11 de abril de 2008

Dióxenes

UN LETRERO AUTOEXCLUINTE.

Un home que era coñecido en Atenas polas súas maldades gravou no dintel da súa casa:"Nada malo entrará por eiquí". Dióxenes, o sabelo, comentou:

¿E onde durmirá o dono da casa? .

Bicos.

miércoles, 2 de abril de 2008

REALEZA

Unha fermosa mañán, nun pobo moi tenrro, un home e unha muller, soberbios, berraban na praza pública:<<¡ Meus amigos, quero que ela sexa raiña! >>. <<¡Quero ser raiña!>>. Ela ría e tremía. Él falaba os amigos de revelación, de probas cumpridas.
Pasmábanse un có outro.
E foron reis toda unha mañá na que os reposteiros, acarminados adornaron as casas, e toda a tarde na que se adentraron polo lado dos xardíns e as palmeiras.

Bicos.

jueves, 20 de marzo de 2008

PARA UN AMIGO

¨Convertínme nun tolo o día que uns ladróns roubaronme as sete máscaras que eu mesmo me fixera, pero cando puiden notála dozura dó sol non quixen voltar a ter ningunha máscara, así foi como volvínme tolo porque atopei liberdade e seguridade na miña loucura¨.

Este home atopou a súa seguridade despois de que lle roubaran as sete máscaras que él mesmo creou e as que utilizou durante as súas sete vidas; pero entón veu por primeira vez o sol sentiu a súa calor, e ahí foi cando comezou a ser un tolo, atopou a liberdade que nos dá ser nos mesmos, sen máscaras . Gardemos os nosos tabúes vaiamos de frente e así poderemos disfrutar da vida, que é moi curta. Bicos.

viernes, 29 de febrero de 2008

MAÑÁN

Por fin ... a partir de mañán estou de vacacións, vou poder sentirme liberada polo menos 15 días, ¡algo é algo!.


Que venga, que venga
el tiempo que apasiona.

He esperado tanto
Que nunca olvido.
Miedos y sufrimientos
Huyeron al cielo.
Y la sed malsana
Oscurece mis venas.

Que venga, que venga
El tiempo que apasiona.

Tal la pradera
Entregada al olvido,
Crecida y en flor
De incienso y de abrojos,
Al zumbido huraño
De las sucias moscas.

Que venga, que venga
El tiempo que apasiona.

lunes, 25 de febrero de 2008

A ROSA QUE SANGRA

A ialma é unha roseira
frorecida, cuaxada
de rosiñas vermellas
e de rosiñas brancas.

Alegrías e penas
son o vento que pasa;
ás veces como un bico,
ás veces treboada.

Unha bágoa que xurde,
unha risa que estala...
¡son rosiñas que caien
da roseira da ialma!

sábado, 23 de febrero de 2008

GRAZAS VARELA MALLOU

Varela Mallou, é doutor da universidade de Santiago, e fixo hoxe que moitos que estamos a padecer a hostelería, sintámos que alguén nos ten en conta, aínda que só sexa para un estudo.

Explícovos, hoxe lendo A Voz de Galicia atopeime cun artigo, o seu título: O 67% DOS TRABALLADORES DE HOSTELERÍA SUFREN SITUACIÓNS QUE LLES XENERAN INSEGURIDADES, ESTÁN AFECTADOS POR ALGÚNS DOS FACTORES DE RISCO PSICOSOCIAIS, QUE SON DETERMINANTES PARA O EQUILIBRIO PSIQUICO E SOCIAL.

O meu compañeiro máis eu leímos o artigo e díxome él: "non hai máis que dicir", e aínda que me gustou, cabreoume moito, porque nós, como tantos, vémonos reflexados en cada punto, un amigo, leva en hostelería (restauración) 10 meses, e hoxe díxome que se ía, polo que reza o titular, está sicolóxicamente fundido, perdas de apetito, por faltas de respeto, de recoñecemento laboral e ten como todos ese medo constante que nos produce a inseguridade.
Eu que estou un pouco máis curtida comezo a estar moi cabreada, porque inspeccións de sanidade, as que queirades e máis, pero,¿onde están as inspeccións laborais?, eso das corenta horas, ¡Sí! ¿en cantos días?, porque a nos quédannos algúns días máis de semana, e o trato despótico que se recibe, ¿vai no contrato tamén?.
Hoxe marcha él , mañán serei eu, pero por moito que deixemos un local as condicións en hostalería son as mesmas en casi todos.

Xa non sabemos a quen recorrer, porque iso de denunciar está ben para cobrar as horas que fas de máis, pero xa está , non consegues nada máis, dígovolo eu por experiencia, moito sindicato pero o final o que gaña sempre é o grande, e nos perdemos aínda que pareza esaxerado, saúde mental e o que é máis importante conciliación familiar.

O artigo dí que considerase clave a concienciación do empresario na materia dos riscos psicosociais e a promoción da saúde, !moi ben¡, de verdade, pero unhas persoas que só pensan no seu peto, que son uns ...., van pensar, van.

Bicos.