jueves, 14 de febrero de 2008

¡Hoxe!

Xa sabemos todos o día que é hoxe, ¡vale!, o día do carrefur ou do corte inglés.

Pero é o día que escollín para darlle as grazas a alguén que leva aturando os meus desvarios e as miñas tolemias dende fai casi 13 anos, esa persoa que sempre está ahí e que colaborou có máis grande que teño.
Fai unhas semanas que unha compañeira máis eu dímonos conta da sorte que tiñámos por contar cás nosas parellas, que foran realmente HOMES.(hai moitos que carecen de ...ons.)

Pero aínda que o día non é o máis indicado, porque presuponse que temos que vomitar estes sentires neste día, tocoulle, ¡GRAZAS!, porque vai facer trece anos que entreguei as miña máns a outras dúas, que sinto un corpo que sempre responde, tí fas que me desviva por vivir, que cando miro os teu ollos poida ver só os meus e nos meus só os teus están, porque cando estou contigo podo esquecer todo , e con todo podo porque aínda cando non estás, ¡estás!, porque o sinxelo feito de achegarme a tí fai que esqueza todo....Grazas.

O secreto da felicidade non está en facer sempre o que se quere, senón querer o que se fai( León Tolstoi).

Bicos

miércoles, 13 de febrero de 2008

Nada novo

Volto, e volto a tremer de medo,
pensando que vou perdela miña tiara,
¡o meu reino!.

E eiquí chego cá miña carga,
de ciumes e de feitos
¡ que estou a recoller a cotío!

E pasan os días,
e esa carga xa é demasiado pesada
que coverte os meus tesouros...¡ en pasado!.

E suponse que teño que dar as grazas
votala vista atrás e poñer todo nesa imaxinaria balanza,
¡cantos brilantes! e a mín xa só me vale a carga.

E volto a tremer,
síntoo, pero xa non podo dar as grazas
non teño a quen, a porta para mín xa está fechada.