sábado, 23 de febrero de 2008

GRAZAS VARELA MALLOU

Varela Mallou, é doutor da universidade de Santiago, e fixo hoxe que moitos que estamos a padecer a hostelería, sintámos que alguén nos ten en conta, aínda que só sexa para un estudo.

Explícovos, hoxe lendo A Voz de Galicia atopeime cun artigo, o seu título: O 67% DOS TRABALLADORES DE HOSTELERÍA SUFREN SITUACIÓNS QUE LLES XENERAN INSEGURIDADES, ESTÁN AFECTADOS POR ALGÚNS DOS FACTORES DE RISCO PSICOSOCIAIS, QUE SON DETERMINANTES PARA O EQUILIBRIO PSIQUICO E SOCIAL.

O meu compañeiro máis eu leímos o artigo e díxome él: "non hai máis que dicir", e aínda que me gustou, cabreoume moito, porque nós, como tantos, vémonos reflexados en cada punto, un amigo, leva en hostelería (restauración) 10 meses, e hoxe díxome que se ía, polo que reza o titular, está sicolóxicamente fundido, perdas de apetito, por faltas de respeto, de recoñecemento laboral e ten como todos ese medo constante que nos produce a inseguridade.
Eu que estou un pouco máis curtida comezo a estar moi cabreada, porque inspeccións de sanidade, as que queirades e máis, pero,¿onde están as inspeccións laborais?, eso das corenta horas, ¡Sí! ¿en cantos días?, porque a nos quédannos algúns días máis de semana, e o trato despótico que se recibe, ¿vai no contrato tamén?.
Hoxe marcha él , mañán serei eu, pero por moito que deixemos un local as condicións en hostalería son as mesmas en casi todos.

Xa non sabemos a quen recorrer, porque iso de denunciar está ben para cobrar as horas que fas de máis, pero xa está , non consegues nada máis, dígovolo eu por experiencia, moito sindicato pero o final o que gaña sempre é o grande, e nos perdemos aínda que pareza esaxerado, saúde mental e o que é máis importante conciliación familiar.

O artigo dí que considerase clave a concienciación do empresario na materia dos riscos psicosociais e a promoción da saúde, !moi ben¡, de verdade, pero unhas persoas que só pensan no seu peto, que son uns ...., van pensar, van.

Bicos.

viernes, 22 de febrero de 2008

Educación e disciplina, non están pelexados

Tou preocupada por esta nova moda que teñen os rapaces de gravar ...¡palizas! ¡impresionantes¡ non sei que época viviríades vós, pero cando eu tiña a súa idade, bueno é imposible que me poida poñer na súa pel, é imposible.
¿Cómo os estamos criando?,¿cómo os están educando?; todos sabemos que os extremos non son bós, e agora mesmo estamos a pasar dun a outro. Hoxe non queremos que a eles lles falte de nada, igual que o pretenderon os nosos pais, pero os pais de antes tivérono máis complicado cá nós, e iso fixo que dentro do que cabe a nosa xeración fora diferente,trasmitíronnos uns valores, e agora ¿qué?, que lle damos todo
e demáis, damoslle o que queren, o que piden ,e por defecto o que non piden.
Queremos ser máis comprensivos, non caer no porque sí , porque cho digo eu ou no fai o que eu che digo e non o que eu fago, esta frase lembroa a cotío saíndo da boca do meu avó.
Pensamos que a nosa adicación é boa¿realmente existe esa adicación?; esta sociedade de consumo obríganos a que os dous teñamos que traballar, polo tanto adicarlles menos tempo a eles.
Tratamos de xustificar este tempo (abusivo) que pasamos no traballo có típico de que é o millor para eles que lles vai a dar unha calidade de vida millor, que aínda que teñámos pouco tempo este é de calidade, millor calidade que cantidade, ¿quén o valora?, evidentemente , NÓS, esto fainos sentir menos culpables.
Desgraciadamente esto lévanos a ter esta xeración, fillos demasiado guerreiros, querer falar de tí a tí, escoitar antes, ¡e moito!, vai facer que criemos uns nenos con demasiado poder , e nós imos ser, os primeiros pais reprendidos polos nosos fillos.
Esquezamos todo iso que nos pode facer quedar ben diante dá xente , dista sociedade, non hai pais exemplares, pensemos realmente neles, necesitan disciplina, só unha figura firme permitirá que se den conta que non somos os seus colegas, que somos ó máis importante , esas persoas que os adoran nas que poden confiar, así que temos que ser máis firmes, porque somos os que temos que encauzala súas vidas, ensinarlles a ser persoas, independientes , válidos, ¡ser persoas¡, a sobre protección temos que aparcala porque con isto o único que facemos e transmitirlles os nosos medos.
Esto de educar debe ser duro porque hoxe podemos ver, nas gravaciós dos móviles ós futúros guardaespaldas de Fonsi Nieto, ós paparazzi do tomate e os fotografos de todo pola pasta, con menos de dezasete anos. Son esos que buscan notoriedade dándolle unha paliza a ún máis débil, sempre apoiado por eses que xalean, ós que gravan isto porque papaito comproulle o movil de última xeración con só 12 anos e os que só pensan que disto pódese sacar pasta.
Temos que volver a poñer de moda os valores ese concepto que dubido que coñezan e o significado que ten. Eso é a nosa obriga ,¿comezamos?, bicos.

martes, 19 de febrero de 2008

DESEO

La ausencia disminuye las pequeñas pasiones y aumenta las grandes, lo mismo que el viento apaga las velas y aviva las hogueras.


Duque de la Rochefoucauld.