viernes, 11 de enero de 2008

PARA TÍ

Está quente a atmósfera
pero moi frío o lar
él xa só pode dicir que sinte
que ¡ busca! ....busca onde colgalos seus sentires.

Ela xa nin verbas ten
coas que seguir a montala súa función
xa non pode seguir a formar versos
él xa non quere seguir nesa actuación.

Está nun precipicio,
mira o seu arrredor e ten o ceo o seu carón,
que grande altar
pero....¡perdeu o seu reino!

Xa só queda silencio
e él necesita berrar de novo,
que os seus beizos vomiten
convulsivos sons.

Hoxe diante de un vaso
teno claro, necesita berrar
vomitar eses sons
que só eles dous....¡ poden sentir!

miércoles, 9 de enero de 2008

¡PROHIBIDO! OU ¡SÓ PARA!

Entereime por un familiar, que na miña cidade hai un ximnasio¡ só para mulleres!, a verdade é que fai un tempo que existe, pero eu, a veces, son das que están no mundo por que ten que haber de todo. A miña cara debeu ser tan expresiva cando me dixo que ela ía, que de seguido díxome que ía porque alí fanche un programa especial dependendo das nosas necesidades, ¿nosas?.
Aínda que pareza mentira, eu tamén fun a un ximnasio, a un ximnasio mixto e fixéronme un circuito adaptado as miñas necesidades e as miñas posibilidades físicas; a ver, recoñezo que hoxe todos estos macroximnasio ou multiusos que reciben axudas do concello polo que pagas baixas cuotas, van en decrimento dos pequenos ximnasios de sempre que están dirixidos por grandes profesionais, e fan, que os profesionais destes multiusos tamén sexan baixos, ou poucos, o igual que as cuotas, pásaste polo sá de pesas e daste conta que moitos deles estarían millor na casa comendo un bocadillo de choped, porque estanse a destrozar,porque non hai ninguén que lles ensine.
Bueno, este non é o tema, a cousa é o de só para.., hoxe todo está baseado en estudos de novas tendenzas, hoxe o cartel de¨ prohibido homes¨, non é unha consigna de despedida de solteiras, senón un novo mercado, é un novo filón para explotar por moitos e que puxa con moita forza, non só hai ximnasios, tamén restaurantes, hoteles, !vagóns de metro¡....Porque o parecer os estudos dín que as mulleres toman o 80% das decisións de consumo, e os empresarios respostan que eles só están a satisfacer a demanda dun sector, ¡ah !,en Londres xa hai taxis e en Italia
praias. E logo dín que o feminismo ten duas direccións: a dirixida pola loita da igualdade e a da competencia có home, a que se encamiña a búsqueda dunha identidade en sí mesma, diferenciada da do home, pero...¡por favor! deixemos a un lado os intereses económicos, deses que son os que van a gañar, que son os que gañan sempre, no debe ser cuestión de si homes ou mulleres.
Tanto tempo loitando pola igualdade, e agora queremos acotar os espazos, eso indica que estamos moi lonxe dela, é un paso atrás nesa loita, para mín , é ir contracorriente, sí só fora unha moda non me preocuparía moito, pero si é unha tendencia social, ¡preocúpame!, é voltar a unha regresión que conduce o aislamento e a exclusión. A igualdade é un dereito que integra a mulleres e homes. Cando se rompe con chorradas como estas, poden xustificar comportamentos excluíntes e estanos a costar demasiado esforzo e mala leite tratar de alcanzar esta igualdade que non existe todavía. Machismo, feminismo, e a misma m....
Menudo tostón ¿non?.
Bicos.