martes, 22 de abril de 2008

¿A MORAL PURITANA?

A moral puritana caracterízase pola reprobación de supostas conductas impúdicas, que nenbargantes, non entrañan prexuízo para ninguén. Os puritanos pregoan un severo código moral que, no fondo, encubre unha serie de prexuízos socialmente arraigados, un perverso repudio dos placeres do corpo e un afán por gardar ante todo as apariencias. Fernando Savater, no seu libro ¨Ética para Amador¨, atina ilustrando esa falsa moral desta maneira:

Unha señora chamou a policía para protestar por unhos mozos que se estabanse a bañar espídos diante da súa casa, a policía alonxou ós mozos, e a señora voltou chamar, os mozos alonxarónse todavía máis, pero a boa señora,¡ veña a chamar!, entón o inspector díxolle: ¨señora están a máis dun kilómetro e medio de distancia...¨ e señora respostou tremendamente indignada:¨¡Sí pero cós xemelgos sígoos vendo¨!.

Bicos.