miércoles, 9 de enero de 2008

¡PROHIBIDO! OU ¡SÓ PARA!

Entereime por un familiar, que na miña cidade hai un ximnasio¡ só para mulleres!, a verdade é que fai un tempo que existe, pero eu, a veces, son das que están no mundo por que ten que haber de todo. A miña cara debeu ser tan expresiva cando me dixo que ela ía, que de seguido díxome que ía porque alí fanche un programa especial dependendo das nosas necesidades, ¿nosas?.
Aínda que pareza mentira, eu tamén fun a un ximnasio, a un ximnasio mixto e fixéronme un circuito adaptado as miñas necesidades e as miñas posibilidades físicas; a ver, recoñezo que hoxe todos estos macroximnasio ou multiusos que reciben axudas do concello polo que pagas baixas cuotas, van en decrimento dos pequenos ximnasios de sempre que están dirixidos por grandes profesionais, e fan, que os profesionais destes multiusos tamén sexan baixos, ou poucos, o igual que as cuotas, pásaste polo sá de pesas e daste conta que moitos deles estarían millor na casa comendo un bocadillo de choped, porque estanse a destrozar,porque non hai ninguén que lles ensine.
Bueno, este non é o tema, a cousa é o de só para.., hoxe todo está baseado en estudos de novas tendenzas, hoxe o cartel de¨ prohibido homes¨, non é unha consigna de despedida de solteiras, senón un novo mercado, é un novo filón para explotar por moitos e que puxa con moita forza, non só hai ximnasios, tamén restaurantes, hoteles, !vagóns de metro¡....Porque o parecer os estudos dín que as mulleres toman o 80% das decisións de consumo, e os empresarios respostan que eles só están a satisfacer a demanda dun sector, ¡ah !,en Londres xa hai taxis e en Italia
praias. E logo dín que o feminismo ten duas direccións: a dirixida pola loita da igualdade e a da competencia có home, a que se encamiña a búsqueda dunha identidade en sí mesma, diferenciada da do home, pero...¡por favor! deixemos a un lado os intereses económicos, deses que son os que van a gañar, que son os que gañan sempre, no debe ser cuestión de si homes ou mulleres.
Tanto tempo loitando pola igualdade, e agora queremos acotar os espazos, eso indica que estamos moi lonxe dela, é un paso atrás nesa loita, para mín , é ir contracorriente, sí só fora unha moda non me preocuparía moito, pero si é unha tendencia social, ¡preocúpame!, é voltar a unha regresión que conduce o aislamento e a exclusión. A igualdade é un dereito que integra a mulleres e homes. Cando se rompe con chorradas como estas, poden xustificar comportamentos excluíntes e estanos a costar demasiado esforzo e mala leite tratar de alcanzar esta igualdade que non existe todavía. Machismo, feminismo, e a misma m....
Menudo tostón ¿non?.
Bicos.

9 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Canta razón tes, carallo.
Co ben que estamos (homes e mulleres) misturadiños...

Un bico!!!

Son Unha Xoaniña dijo...

Tes razón, sempre andamos dándole voltas e retorcendo as cousas, cando so habría que aplicar o SENTIDO COMÚN, que semella desaparecido.
Inda lembro cando era pequena e o colexio era so para nenas, os nenos tiñan que ir a outro, se cadra imos cara atrás.
Unha aperta.

CriS dijo...

Pues aquí también hay y lo cierto es que una vez estuve apuntada en una escuela de baile, hacía unos días sevillanas, y otros aerobic... y éramos todos chicas. Lo cierto es que entre nosotras comentábamos que estábamos mas cómodas entre chicas que no estando pendientes de si el de al lado te está mirando el culo o el pecho a la que saltas, si el grupito aquel se rie o dicen de ti... para ciertas cosas una está mas cómoda entre chicas que en ambientes mixtos. Conozco a muchos chicos que en ciertos momentos de su vida se han apuntado a los gimnasios a ligar, a ver chicas saltando y en mallas...

Antonio Olives dijo...

Coincido con vos en que é absurdo. Ademáis preocúpame especialmente cal sería a reacción no caso contrario, é dicir que se creasen ximnasios (ou praias, pubs...) coa entrada restrinxida a mulleres??

Con quen non coincido moito é con Cris, non creo que sexan tantos os homes que vaian a un ximnasio a mirar traseiros, se non esas clases de sevillanas ou de aerobic das que falas estarían cheas de homes, e parece que non é así, é máis fácil atopalos nunha sá de pesas ou nun adestramento de futbol. Creo que esa preocupación que vos fai que esteades máis cómodas en ambientes exclusivamente femeninos teñen máis que ver con vós que con nós.

BK dijo...

Pois a min tamén me parece unha chorrada eso de separar por sexo....

milonga dijo...

eu sempre me preguntei para que servian eses clubes masculinos das pelis e que senso tiña o de sentarse ali todos machotes a fumar en pipa ou uns puros e tomar un coñac ou un wisky lonxe das mulleres... tanto que se loitou e se loita para que todo lugar sexa accesible para todos e agora... dende logo, máis pena me dan as que se lle ocorre ir a un centro así, porque hai que ter os miolos certamente mixturados para rexeitar a mixtura na vida

Druid dijo...

se te pasas para un lado e malo...
pero se te pasas para o outro, tamén.... o mesmo sentido ten discriminar homes, que discriminar mulleres.... o importante deben ser as persoas.
O que vai ligar a un ximnasio, tamén vai ligar ca caixeira do supermercado, en non por eso hai caixas so para homes, con caixeiros con vigote, nin caixas so para mulleres, con coelliñas playboy jejeje....
Estupidez humana... sen limites, sen fronteiras.
Bicos.
(perdón pola miña ausencia).

Paz Zeltia dijo...

Un post muy interesante por lo que cuentas, realmente da para reflexionar. Es verdad que hay dos tendencias, y una de ellas sigue pasito a pasito los mismos errores que han cometido los hombres segregando a las mujeres... está visto que no aprendemos de los errores. Me parece bastante grave eso que comentas, no por ese caso del gimnasio en concreto, que es anecdótico, sino por lo que representa.

Mer dijo...

En Vigo tamén hai un ximnasio só para mulleres.
Se houbese un só para homes de seguro se metería unha asociación feminista a acusar a discriminación.
Coma o calendario das azafatas de ryanair... non pasa nada cos dos bombeiros, policías,...
O problema principal é que hai xente que non tén outra cousa mellor que facer que andarlle a buscar as voltas a todo (definimos como todo: todo o que lle convén)