sábado, 23 de febrero de 2008

GRAZAS VARELA MALLOU

Varela Mallou, é doutor da universidade de Santiago, e fixo hoxe que moitos que estamos a padecer a hostelería, sintámos que alguén nos ten en conta, aínda que só sexa para un estudo.

Explícovos, hoxe lendo A Voz de Galicia atopeime cun artigo, o seu título: O 67% DOS TRABALLADORES DE HOSTELERÍA SUFREN SITUACIÓNS QUE LLES XENERAN INSEGURIDADES, ESTÁN AFECTADOS POR ALGÚNS DOS FACTORES DE RISCO PSICOSOCIAIS, QUE SON DETERMINANTES PARA O EQUILIBRIO PSIQUICO E SOCIAL.

O meu compañeiro máis eu leímos o artigo e díxome él: "non hai máis que dicir", e aínda que me gustou, cabreoume moito, porque nós, como tantos, vémonos reflexados en cada punto, un amigo, leva en hostelería (restauración) 10 meses, e hoxe díxome que se ía, polo que reza o titular, está sicolóxicamente fundido, perdas de apetito, por faltas de respeto, de recoñecemento laboral e ten como todos ese medo constante que nos produce a inseguridade.
Eu que estou un pouco máis curtida comezo a estar moi cabreada, porque inspeccións de sanidade, as que queirades e máis, pero,¿onde están as inspeccións laborais?, eso das corenta horas, ¡Sí! ¿en cantos días?, porque a nos quédannos algúns días máis de semana, e o trato despótico que se recibe, ¿vai no contrato tamén?.
Hoxe marcha él , mañán serei eu, pero por moito que deixemos un local as condicións en hostalería son as mesmas en casi todos.

Xa non sabemos a quen recorrer, porque iso de denunciar está ben para cobrar as horas que fas de máis, pero xa está , non consegues nada máis, dígovolo eu por experiencia, moito sindicato pero o final o que gaña sempre é o grande, e nos perdemos aínda que pareza esaxerado, saúde mental e o que é máis importante conciliación familiar.

O artigo dí que considerase clave a concienciación do empresario na materia dos riscos psicosociais e a promoción da saúde, !moi ben¡, de verdade, pero unhas persoas que só pensan no seu peto, que son uns ...., van pensar, van.

Bicos.

5 comentarios:

Druid dijo...

emplazote o meu blog....

algún dia diante desa comida... reposada, cos nosos contrarios presentes, e os nosos peques correndo por ahi... explicoche como 60 segundos se poden convertir en maís tempo.... e cobrar como se fosen 40
Bicos.

Pd. Falta de sono, falta de apetito, estomago tan destrozado que ata me causou unha hernia discal e una desviación de columna, amen dunha neuralxia no nervio de arnold, problemas hepaticos........ etc... (si... derivado todo elo do estres acumulado no estomago)
Eso si he traumatismo laboral.

Chousa da Alcandra dijo...

A pota da situación laboral ferve en tódolos fogóns.
Seguramente precisamos a capacidade para apartarnos un chisco da fonte de calor, xa que dudo moito que o empresario nos bote auga fresca para alixeirar temperaturas...

(O da conciliación da vida familiar é un conto chino, somente aplicado a funcionarios)

Unha aperta

Anónimo dijo...

UGT, CCOO e CIG están burocratizados e capitalizados, si, pero hai mais sindicatos formados por verdadeiros traballadores organizados. Denunciar serve para cobrar as horas que fas de mais, pero tamén para recuperar a dignidade e para poñer un grao de arena, o importante é empezar e organizarse, e loitar, sempre, porque "o grande" non sexa o capital, senón os traballadores que fan que os empresarios gañen. Ánimo.
"En la plaza de mi pueblo
dijo el jornalero al amo (...)
Esta tierra que no es mía,
esta tierra que es del amo,
la riego con mi sudor,
la trabajo con mis manos.
Pero dime, compañero,
si estas tierras son del amo,
¿Por qué nunca lo hemos visto
trabajando en el arado?"

Ángeles Mallo dijo...

Grazas os tres,anónimo si volves pasar gustaríame saber que sindicatos son eses que non están burocratizados, creo que a máis de un gustaríanos sabelo,grazas adiantadas e bicos os tres.

Anónimo dijo...

fkoesta wapisima a entrada, a verdade encantoume, bueno ando de propaganda, jeje, e de paso vendo blogs dos demais que non coñecía se queres visitalo meu a dirección é:www.asbeirasdoarnego.blogspot.com