viernes, 22 de febrero de 2008

Educación e disciplina, non están pelexados

Tou preocupada por esta nova moda que teñen os rapaces de gravar ...¡palizas! ¡impresionantes¡ non sei que época viviríades vós, pero cando eu tiña a súa idade, bueno é imposible que me poida poñer na súa pel, é imposible.
¿Cómo os estamos criando?,¿cómo os están educando?; todos sabemos que os extremos non son bós, e agora mesmo estamos a pasar dun a outro. Hoxe non queremos que a eles lles falte de nada, igual que o pretenderon os nosos pais, pero os pais de antes tivérono máis complicado cá nós, e iso fixo que dentro do que cabe a nosa xeración fora diferente,trasmitíronnos uns valores, e agora ¿qué?, que lle damos todo
e demáis, damoslle o que queren, o que piden ,e por defecto o que non piden.
Queremos ser máis comprensivos, non caer no porque sí , porque cho digo eu ou no fai o que eu che digo e non o que eu fago, esta frase lembroa a cotío saíndo da boca do meu avó.
Pensamos que a nosa adicación é boa¿realmente existe esa adicación?; esta sociedade de consumo obríganos a que os dous teñamos que traballar, polo tanto adicarlles menos tempo a eles.
Tratamos de xustificar este tempo (abusivo) que pasamos no traballo có típico de que é o millor para eles que lles vai a dar unha calidade de vida millor, que aínda que teñámos pouco tempo este é de calidade, millor calidade que cantidade, ¿quén o valora?, evidentemente , NÓS, esto fainos sentir menos culpables.
Desgraciadamente esto lévanos a ter esta xeración, fillos demasiado guerreiros, querer falar de tí a tí, escoitar antes, ¡e moito!, vai facer que criemos uns nenos con demasiado poder , e nós imos ser, os primeiros pais reprendidos polos nosos fillos.
Esquezamos todo iso que nos pode facer quedar ben diante dá xente , dista sociedade, non hai pais exemplares, pensemos realmente neles, necesitan disciplina, só unha figura firme permitirá que se den conta que non somos os seus colegas, que somos ó máis importante , esas persoas que os adoran nas que poden confiar, así que temos que ser máis firmes, porque somos os que temos que encauzala súas vidas, ensinarlles a ser persoas, independientes , válidos, ¡ser persoas¡, a sobre protección temos que aparcala porque con isto o único que facemos e transmitirlles os nosos medos.
Esto de educar debe ser duro porque hoxe podemos ver, nas gravaciós dos móviles ós futúros guardaespaldas de Fonsi Nieto, ós paparazzi do tomate e os fotografos de todo pola pasta, con menos de dezasete anos. Son esos que buscan notoriedade dándolle unha paliza a ún máis débil, sempre apoiado por eses que xalean, ós que gravan isto porque papaito comproulle o movil de última xeración con só 12 anos e os que só pensan que disto pódese sacar pasta.
Temos que volver a poñer de moda os valores ese concepto que dubido que coñezan e o significado que ten. Eso é a nosa obriga ,¿comezamos?, bicos.

3 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Tema complicado onde os haxa. Este modelo social que fomos tecendo abre moitos interrogantes e deixa infinitas cuestións sin darlles unha resposta axeitada.
Non podo eludir, como pai, a responsabilidade que me toca.
En certo modo os pais somos sementadores. Preparamos a terra, coidamos o gran, atendemos a leira e quitámoslle herbas malas; pero a boa fin da colleita...non depende de nos!

Druid dijo...

Estou lendo un libro... (si, arrinco tempo para iso... e fago como algun cons pitillos, encendo un con outro)....
O libro e dun tal Cormac McCarthy (do que me encantou La Carretera), e que saltou agora a palestra por "No es país para viejos" de Barden. Pois tratase de este libro (o da pelicula, que inda non tiven tempo de ir ver).
Me lio...
Bueno, o estracto e o seguinte:

Loretta me dijo que habia oído por la radio que no sé qué porcentaje de niños de este país son criados por sus abuelos. Los padres no querían educarlos. Estuvimos hablando de eso. Lo que pensamos fue que cuando llegue la próxima generación y tampoco quiera educar a sus hijos ¿quien lo va a hacer?. Sus propios padres serán los únicos abuelos a mano, y ellos no querran hacerlo. No se nos ocurrio ninguna respuesta.

Son Unha Xoaniña dijo...

Fas unha pregunta, ¿Comezamos?, eu pola miña parte comecei hai 24 anos, e sigo con outro que ten agora 16, ousexa en plena efervescencia adolescente.
Tes moita razón, pasamos dun extremo ao outro, duns pais que mandaban e ordeaban, aos de agora que pretenden ser os coleguillas de seus fillos e isto é unha auténtica falacia, como di o xa famoso xuiz de Granada que se adica ultimamente a dar conferencias sobre iste tema, "os pais non podemos deixar de ser pais para serem coleguillas, porque se o facemos deixamos aos nosos fillos orfos".
Fai falta un pouco de adicación, e moito sentido común para educar. A variña máxica de como facelo ben, non existe, pero se aplicamos o sentidiño e nos deixamos de tonterías, estamos a tempo, máis non parece que esteamos en boa disposición. Porque educar leva tempo e ademáis é moi traballoso, mais que nada porque se trata dun traballo que non ten horario e polo tanto non remata nunca, e canto mais grandes son os rapaces máis grandes son os problemas e máis dificiles. Pero non estaria demais que os que temos fillos ou os que pensen en telos, adiquemos un tempo a recapacitar sobre o tema da educación e acadar compromisos con nos mesmos, e votar unha ollada ao que fixeron os nosos pais con nos, que polo que se ve non o fixeron tan mal.