lunes, 25 de febrero de 2008

A ROSA QUE SANGRA

A ialma é unha roseira
frorecida, cuaxada
de rosiñas vermellas
e de rosiñas brancas.

Alegrías e penas
son o vento que pasa;
ás veces como un bico,
ás veces treboada.

Unha bágoa que xurde,
unha risa que estala...
¡son rosiñas que caien
da roseira da ialma!

3 comentarios:

Antonio Olives dijo...

As espiñas tras súa veleza, pero non ocultas, ben a vista. O que quere facerse con ela sabe que se pinchará, si ao final todos nos pinchamos.

Suso Lista dijo...

Bonito poema.

Druid dijo...

bonito texto...
non teño tempo de escribir, nin de leer....
esperemos a chegada de dias mellores.
Bicos.