miércoles, 13 de febrero de 2008

Nada novo

Volto, e volto a tremer de medo,
pensando que vou perdela miña tiara,
¡o meu reino!.

E eiquí chego cá miña carga,
de ciumes e de feitos
¡ que estou a recoller a cotío!

E pasan os días,
e esa carga xa é demasiado pesada
que coverte os meus tesouros...¡ en pasado!.

E suponse que teño que dar as grazas
votala vista atrás e poñer todo nesa imaxinaria balanza,
¡cantos brilantes! e a mín xa só me vale a carga.

E volto a tremer,
síntoo, pero xa non podo dar as grazas
non teño a quen, a porta para mín xa está fechada.

2 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Nunca se lle esqueza á Sua Mercede que cando unha porta se pecha, outras trinta abrense...

Benvida!

Druid dijo...

Demasiada tristeza esconden as tuas verbas...
Por o pasado no se ten que dar as grazas...

Se cerras portas, e as queres cerrar de verdade, cerraas ben e con chave, que non as vaia abrir o vento.... nin a tempestade.

Un bico.

Pd. Benvida inda que traias tanta tristura.
Vaina descargando os poucos por aqui.