domingo, 25 de noviembre de 2007

Día internacional para a eliminación da violencia de xénero

E TÍ, QUE OPINAS DOS MALOS TRATOS ÁS MULLERES?

Este é o eslogan da xunta de galicia , eu penso que a este eslogan sóbralle ¨ás mulleres¨, porque estas situacións estanas a padecer mulleres, homes e nen@s, a violencia e violencia e ningunha víctima e máis importante que outra, todas están a sufrir e a padecer de igual modo e por todas elas debemos erguernos non só o día de hoxe senón os 365 días do ano ata que este cancro desapareza.

¨A violencia de xénero é probablemente a máis vergoñenta violación dos dereitos humanos. Mentres continúe, non podemos afirmar que esteamos a lograr progresos reais cara á igualdade, o desenvolvemento e a paz¨ ONU.

Eu osaría a recomendar un libro que vos vai facer ver moi de perto esta realidade, e ós máis sensibles poñeranselle os velos de punta, DESHONRADA , Los derechos de la mujer contra los abusos de una tradición cruel; impactante libro e moi sinxelo de ler.
O que padeceu esta muller non foi una simple violación multiple senón un auténtico acto de terrorismo en tódolos aspectos.
O verdadeira honra dunha patria : permitir cunha muller , analfabeta ou non, poda erguela voz contra a inxustiza que a fai víctima; ela plantexase a seguinte pregunta : si a muller e a honra dó home, ¿por qué quere violar e matar esa honra?.
Para rematar, hoxe escoitei unha frase que me puxo o pelos de punta ¨había que matalos¨, eu penso que eso é o mesmo, o outro extremo dá corda, porque , despreciar ós homes non é a solución para progresar no respeto, o que hai que tratar e de que non haxa combate e sexamos tod@ iguais,porque a violencia non ten xénero. Bicos.

3 comentarios:

Alexan dijo...

Todas as violencias son iguales de condenables. Pero á que se exerce contra as mulleres e especialmente cruel, xa que se leva a cabo na saa de tortura do fogar con total impugnidade é que moitas veces remata no cimeterio.
Unha aperta

Antonio Olives dijo...

De acordo con ambos, entendo que no que conta Ángeles, a violencia realmente terrible é aquela que se exerce co a conivencia do poder, sexa político ou relixioso ou baixo a inercia de costumes ancestrais que se xustifican por si mesmas, en que unha persoa anúlase como tal unicamente pola súa condición, e nesa anulación despóxaselles da capacidade de comunicación e protesta (no senso que non se conciben como interlocutores válidos). O resultado disto só pode ser a aceptación incondicional, a desesperación e a loucura, ou o heroísmo épico ( e desto último hai moitos exemplos). Deste tipo de violencia son vítimas tanto as mulleres como aqueles que se alonxen da norma. Pero ó das mulleres cobra especial importancia pola súa maior frecuencia.

Chousa da Alcandra dijo...

Hoxe tamén é o día contra a violencia.
(Amólame moito que -en ocasións- a convirtan en espectáculo do telexornal)