jueves, 13 de diciembre de 2007

¨A brizna de herba¨

Díxolle unha brizna de herba a unha folla que caeu no outono: ¨Fas tanto ruido o caer que espantas tódolos meus soños invernais¨.
A folla respondeu indignada:¨Es un ser de baixo berce e miserable morada, un ser repugnante e sen canto; non vives nas altas esferas nin coñeciches nunca a canción¨.
Despois, a folla caeu sobre a terra e durmiu.
O chegar a primavera volveu espertar, e convertiuse nunha brizna de herba.
E cando chegou o outono, e durmía no seu sono invernal, as follas do outono, comenzaron a caer sobre ela. E a brizna de herba murmurou: ¨¡Ah , estas follas do outono; fan tanto ruido que espantan os meus sonos invernais!¨.

6 comentarios:

Antonio Olives dijo...

¿Qué cambiaría si foramos conscientes de que tarde ou cedo seremos todos herba? E ¿por qué esquecemos que algunha vez fomos folla de outono?

milonga dijo...

que fermosa metáfora... porque todos podemos ser follas e herbas... outra vez dualidades

gustoume

Unknown dijo...

Cando un chega novo a un sitio sempre ten que aguantar os comentarios das molestias que causa os que xa estaban ali....
que é unha maneira de deixar claro quen chegou antes...
de todolos xeitos, non fagas tanto ruido que espantas os meus sonos....
jejejeje que non muller, era broma
unha aperta

Chousa da Alcandra dijo...

Un continuo ciclo vital.
Boa metáfora, si.

Son Unha Xoaniña dijo...

Nunca somos conscientes de que todo xira e que agora somos unha cousa pero mañá se cadra outra diferente.
Como di a milonga, todos podemos ser follas e herbas...
Unha aperta

Paz Zeltia dijo...

Gracias por traer de novo a Gibran Jail Gibran. Sus historias, por lo que veo, están llenas de reflexiones de las que aprender