domingo, 9 de diciembre de 2007

AMORES CATIVOS

Hoxe volvín ler un poema que pareceume que alguén o escribira onte, ou ben o 25 de novembro, lede e dicirme si non vos é máis que actúal.

Era delor i era cólera,
era medo i aversión, era un amor sin medida,
¡era un castigo de Dios!

Que hai uns negros amores de índole ponzoñenta
que privan os espritos, que turvan as conciencias,
que morden si acariñan, que cando miran queiman,
que dan dores de rabia, que manchan e que afrentan.
Máis val morrer de friaxen
que quentarse á súa fogueira.

Bicos.

4 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Rosalía sempre será actual; nos amores cativos e tamén nos gradiosos.

Un bico con sabor a castañas!

Antonio Olives dijo...

Sempre pensei que a dor pare millor poesía, si hai amor... millor que doa.

Son Unha Xoaniña dijo...

Pois ben podería ser unha historia de violencia de xénero non?
...amores de índole ponzoñenta, que privan os espritos, que turvan as conciencias, que morden si acariñas...que manchan e que afrentan...Máis val morrer de friaxen que quentarse a súa fogueira".
Sen dúbida é unha forma de contar os malos tratos recibidos da persoa amada.
Unha aperta

Paz Zeltia dijo...

E claro, totalmente actual. Os sentimentos non viran nin siquera na maneira de expresalos.

E na lectura do poema non concordo con rifo i de zeuquirne, mais ben recordame o sentido por min nalgunha paixón dependente,ciumenta, medio obsesión mais que amor. pero claro, cada un ten a sua visión.