jueves, 20 de marzo de 2008

PARA UN AMIGO

¨Convertínme nun tolo o día que uns ladróns roubaronme as sete máscaras que eu mesmo me fixera, pero cando puiden notála dozura dó sol non quixen voltar a ter ningunha máscara, así foi como volvínme tolo porque atopei liberdade e seguridade na miña loucura¨.

Este home atopou a súa seguridade despois de que lle roubaran as sete máscaras que él mesmo creou e as que utilizou durante as súas sete vidas; pero entón veu por primeira vez o sol sentiu a súa calor, e ahí foi cando comezou a ser un tolo, atopou a liberdade que nos dá ser nos mesmos, sen máscaras . Gardemos os nosos tabúes vaiamos de frente e así poderemos disfrutar da vida, que é moi curta. Bicos.

2 comentarios:

Druid dijo...

Sempre me chamou a atenciónm dende que coñezo teus escritos, a tua querencia por Gibran, ninguneado por alguns, denostado por outros, querido por uns poucos, e admirado por case ninguen.
Soamente por eso, xa merece a pena visitarte cando o tempo mo permite.
Bicos.

Raposo dijo...

Dalgún xeito as máscaras que a veces usamos tamén forman parte de nós.
Eu tamén gosto de Gibran. Apertas.