domingo, 13 de enero de 2008

Je, je je.

¿E qué che importa?
o son das túas verbas
xa caeron, e caen moi perto, ti vas cheo de sentires.....
¡ ao lombo!,
que están a ver a realidade.

A cotío, o brilo da túa verdade, dache medo
fitan para tí os búhos
que atraen a tantas sombras,
non escapes, ¡ fala !...

Fala, non ten que ser forte , podes susurrar,
sigue a entonar ese son,
¡ que xa o fixéches de moitos!,
xa estás perdido....
entre sombras iguais.

Cada árbore ten a súa sombra,
e no teu bosque xa son moitas as árbores,
amigas, e que as veces, támen se sinten perdidas;
máis o teu é xa un bosque
¡ de moitas sombras !,
e a túa casa, está loxe, ¡ moi lonxe !...
...pero que pertiño.

Bicos.

8 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

"A cotío, o brilo da túa verdade, dache medo"
Si, ás veces acontece; pero tamén hai outras nas que a opacidade da nosa mentira fainos arder de fachenda.
Son paradigmas vitais cos que temos que camiñar...

Un bico brillante!

BK dijo...

Isto vai adicado a Druida? :D
Precioso relato.

Mer dijo...

Supoño que esto inspiroucho Druida

Encantoume e seguro que él o necesitaba.

Unha aperta e parabéns polo teu blogue

Druid dijo...

Gracias.
Como siempre, a verdade e relativa...
outros poderanche contar outras verdades si tuveras a posibilidade de escoitalos....
¿sabes?.... a min encantariame escoitar esas verdades.... ver si estou equivocado.... pedir disculpas si corresponde....
pero eso... non sucedera xamais...
Bicos...
GRACIAS.

Druid dijo...

vou durmir a sesta.....
e xusto e necesario....
co dia que está como para asomar a nariz fora da casa.
Besos con paracetamol.

Mar e Lúa dijo...

Aiiii, se con susurrar xa se quitase o medo a falar, a dicir determinadas cousas...
Por se acaso, a próxima vez que teña que dicir algo que me dea medo intentarei soltalo en baixiño... ¡Cun pouco de sorte non me escoitarán! ;)

Unha aperta!

Por certo, moi bonitiño o poema.

Paz Zeltia dijo...

Din que hai silencios que din moito mais que as palabras, pero eu teño dudas. Os silencios cada un os interpreta desde a súa perspectiva... mellor falar, con palabras frías ou en susurros mornos, pero falar.

Druid dijo...

Vimos botando de menos os teus guisos...
vou crear una plataforma para reivindicar a sua volta...
Bicos.