jueves, 3 de enero de 2008

¿E OS MEUS BOS DESEXOS?

Bueno.., rematei o 07 con altas temperaturas, mareos, dores de testa e paracetamol, e comeceino cá caixa de klenex baixo o brazo e a sensación de estar nunha nube.
E hoxe doume conta que non fixen o que tódolos anos, eso dos bos propósitos ou propósitos de enmenda no meu caso. Tódolos anos, todos temos un arcón cheo de bos propósitos, todos queremos introducir algún tipo de cambio nas nosas vidas. É como si realmente créramos, !e crémolo¡, que o comezo dun novo ano e como o comezo dun sono, algo que pode facer realidade eso que desexamos de sempre, porque quédannos 365 días por diante.. !mal será¡.
Supoño que cando chega un novo ano, é como si puidéramos aparcar ¨o vello¨, que foi o ano pasado, e dicir !onte¡, deixalo atrás e augurarnos unha nova esperanza para ese futúro( que é hoxe), nó que vamos ser capaces de facer e obter todo o que non poidemos durante os meses que deixamos atrás.
Supoño que durante uns intres crémolo, pero de seguido imponse a rutina e esquecemos todo isto, ela imponse os nosos febles sonos e non somos capaces de abrirnos paso a través dela.
Así que , volvo madicir o meu estado griposo, que non me permitiu desexar baixar 2 kiliños, porque os perdín(por non poder comer), ir o ximnasio (porque non teño forzas para desexalo) ler ese libro que tanto me recomendaron (xa estou a facelo); eu, que tódolos comezos de ano movíame entre o desexo dos bos propósitos estuo onde estaría a día 15 de xaneiro, no escepticismo,!maldita gripe¡ roubachesme os meus bos desexos.
Espero que o que mal comezou remate ben, !bueeeno¡ !un desexo¡, non ta mal.

Bicos.

9 comentarios:

BK dijo...

Isto da gripe débese extender na actualidade a través dos blogs, porque anda que non houbo blogueros enfermos este nadal, sen ir máis lonxe, eu mesma, pero en noiteboa. Seguro que o resto do ano gozas de boa saúde. Os meus millores desexos para este aninovo.

Chousa da Alcandra dijo...

Sorte a tua, que tiveches unha excelente coartada para non facer propósitos baladís...

Un bico (aséptico)

Druid dijo...

Esoooo....
botalle a culpa a gripe....
o caso e buscar culpables....
Recomendacions de libros:
ultimamente lein uns 5 ou 6, solo mereceu a pena "La Carretera" de Cormac Mcarthy.
Música: Alter Bridge (mellor o disco One Day Remains que o Black Bird que teñen ahora).
Xa quedas servida para unha temporadiña.
Bicos.

Raposo dijo...

Contáronme que entre os xitanos hai un dito que di que "non queren os fillos con bos principios".
Aplícate o conto e pensa que a partir de agora as cousas irán mellor e a gripè pasa nuns sete ou dez días.
Apertas e bon ano.

Unknown dijo...

pois tal como o contas foi un comezo depurativo, a prtires de agora só pode millorar...
oes y o que pagarian moitas por baixar dous kiliños en navidad...
bikos e apertas, que hoxe vas ver si te portaches ben ou non...
se che traen carbón , comprocho, que anda carisimo

CriS dijo...

Hola
¿tu también acabaste-empezaste el año con gripe?? yo me he librado pero es que tanto en los blogs como en la oficina como por la calle ha habido virus y de los malos.
Te agradezco tu visita en mi blog, estás invitada también a mi segundo blog, y te deseo mucha salud para 2008, y que se cumplan los propósitos. El otro día leí que no es bueno hacerse muchos desde el principio del año, sino ir de uno en uno... en cualquier caso: SUERTE.

Son Unha Xoaniña dijo...

Parece que a gripe vaime respetando de momento, espero que te recuperes pronto, xa sabes o que din os medicos, " a gripe son sete días de cama e repouso con menciñas" e unha semana sin elas", así que pacencia.
Os vos propósitos vai ser cousa do día a día, polo menos para min, as cousas a longo prazo non se me dan ben.
Unha aperta

Paz Zeltia dijo...

Xa botarías a gripe fora, a tempo para empezar a practicar os pequenos cambios que non che deu tempo a desexar así, con palabras, pero que están ahí empurrando por sair dende outras veces que o tentaches pero non puideches :9

pasiño a pasiño andouse o camiño

Antonio Olives dijo...

¿Desexas desexar?, tremendo paradoxo.