Agora son, é serei durante un tempo,
unha murallla roida polo desgaste.
¡Unha caída augurada!,polos feitos, polas verbas.
As súas mans insensibles, xa non me fan notar,sentir(mentira)
Xa todo esta silenciado
os bicos, as verbas o arrecendo, ata o silencio que nos agradaba.
A erotica táctil das miradas tornouse pétrea.
Hoxe recibe o mausoleo o," meu", máis grande, que foi sentir, notar, ¡ser!.
¿Namorado? que curto e lonxano
si esto soubera, chucharíate máis,
gustaríame ser, o que nunca fun, a túa raíña;
porque hoxe non habelo sido, afundeme moito máis que máis.
Fuxíches igual que esa lúa que namora,
pero baixas a testa e cando a levantas¡ xa non está!
Xa só queda de tí........¡eu!
E agora quero dicir que a miña testa , NON RECIBE,
xa vale,¡ NON MÁIS!.
BICOS.
sábado, 17 de noviembre de 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

1 comentario:
Recorda que esa lúa, volve cada noite, unhas veces parece máis pequena, outras veces máis grande, outras ten unha perfecta redondeza, e outras ata parece que non está. Pero sempre volve, dende sempre... a lúa sempre volve
Publicar un comentario