-Fora abondo co aprobio pasado
dun brando servir,
madre escura de escuros ilotas,
Mesenia infeliz.
-A Pitia convulsa
Dixera de ti:
o oráculo dixo
- Quen serve, ese é vil.
Ser forte ou escravo,
morrer ou vivir;
cinque o peito de esforzo e ferro,
Spartaco cho di;
¡esnaca na frente de quen cho lanzara
O estigma servir¡
EDUARDO PONDAL
Eduardo Pondal) (1835-1917)
É alucinante, que no 2007 estas verbas seguen vivas non só porque son del, porque foi, é, e será, senón porque non cambiou o seu fondo, si as formas, non o contido.
O bardo xa non está
E hai poucos que berran
que saben que debe mudar
por qué hai tanto xordo
¿non queren escoitar?
seguen sendo ilotas
temen falar
hoxe hai democracia
¡ou quero pensar!
A veces afogo
e quero mudar
ser coma eles
autómata xordo
que se deixa guiar
Pero algo no fondo
non me deixa “actuar”
guste ou non guste
eu poido pensar
e aínda que saiba
que esto non os vai facer mudar
eu, ¡son! seino, mais grande
porque non sei abandoar.
-Sigue existindo ó amo
que cree saber
e é un ilota que só tivo bo nacer
escravo do carto non do saber.
Cando escoito historias, non,¡ realidades!, e as actuacións dalgúns ante elas respóstome que quizais, todo esto tenos que pasar, e que algúns meréceno;pero despois que me pasa o cabreo ,¡ non!, ninguén merece que o traten coma un animal , sei o que é padecer a esta clase de xente e nunca poderei desexarlle tanto mal a ninguén. ¿onde están os que nos teñen que defender, esos que suponse que cobran por moverse polos intereses dó traballador?.
Seguimos sendo os mellores personaxes dos poemas de Cabanillas, os dá terra asoballlada, porque si moitos deixanse asoballar, e a eses, polos que antes preguntaba deberíanlles informar; todos deberíamos coñecer os nosos dereitos porque das obrigas, deso.....¡qué nos van contar!. BICOS.

No hay comentarios:
Publicar un comentario