jueves, 15 de noviembre de 2007

Non fales máis de min

Onte chamoume moito á atención a reacción dunha persoa.Pareceume que tiña un medo irracional totalmente racional.Cóntovos: fun tomar un café cunha amiga e chegou acompañada dun rapaz,puxémonos a falar dos nosos blogs(as dúas somos novatas),conteille o que eu puxera correndo porque quedara con ela e non chegaba a tempo,bueno, ela fixo o mesmo, de súpeto a cara do rapaz mudou cando escoitou que ela falara de él,dixo:"¿hablaste de mí"?,¿dijiste que soy del este?,¿y si vienen a por mí?,¡con todo lo que está pasando¡, por favor no hables más de mí.
os seus ollos tiñan ese brillo propio do que vai romper a chorar, pero tamén no continuo movemento dos mesmos(non podía mirar nada fíxamente)podíase ver perfectamente o medo,¡non¡, temor, pánico,¡non sei¡, pero sentínme fatal,e sentín tanta empatía que estiven adoecida durante todo o servizo(no traballo).
parece mentira ,(non o é) que hoxe en día e despois do que temos sufrido e emigrado permitamos que poida haber xente que poida albergar tal temor, e vemos que desgraciadamente este temor esta moi fundado.
Este sentir xenófobo colócanos nunha "época"que eu quero pensar que morreu,ou debería estar morta.Estas actuacións son sinónimo de atraso e derrota.
Bueno, remato xa, só lle pediría a toda esa xente que sigue soltando a trillada frase de que nos veñen quitalo traballo que se informen un pouquiño máis, que se enteren de todo polo que teñen que pasar para obter un posto de traballo, en que condicións, etc; pero si se preocuparan de coñecer un pouquiño máis a situación destas persoas, moitos abrirían os ollos, ¿e? quedarían sin argumentos para seguir odiando , ese, é o seu medo.
Xa por último, e agora si que remato, fálase moito últimamente de condeas exemplares,para que a xente poidase concienciar, creo que aínda onte trataron de facelo pola portada dunha revista, a ver si fan o mesmo có caso de barcelona, porque creo que en esto a xente, sí, debería estar máis que concienciada.

1 comentario:

Alexan dijo...

¿Quen o había dicir? Os mesmos que emigraron, con maletas de madera .Os dos sorrisos emprestados para pasar o advento, os que poñen chaqueta de la os cans. Teñen un corazón oprimido pola xiada, encoirado. Non poido entender isa tolemia claustrofobia que ergue a xenofobia. Ises probes emigrados enchenme de pena. ¿Quen o había dicir? Que outros seres humanos tremaran de medo as mans de aqueles emigrados eternos . Que dor. ¿Qué mundo tan triste estamos a construir?.
Parabéns por este hermoso e solidario post.
Grazas, por visitar o meu blog e deixar esos amabels comentarios.