miércoles, 14 de noviembre de 2007

Hola... con este blog o que quero é contar e compartir ,as miñas e as nosas historias,as historias da cociña do restaurante Rúa.
Fai tempo alguén díxome que si nunha cociña estivera instalada unha cámara, ningún reality podería superala en audiencia. A verdade é que si temos algún parafuso un pouquiño froxo e tamén témos a grande sorte de poder dicir que somos compañeiros e respetamonos moito.
Bueno vounos presentar: María, é unha grande compañeira ,é rumana e extremadamente cabezona,como lle digo eu é unha castrona, ten un humor moi fino e gracias a ela podo poñer no meu curriculo que entendo o rumano "calado", en catro meses consigo entendela sin que teña que soltar verba, dela teñovos moito que contar, pero vai ser mais adiante.Hector, é o home da cociña e penso que pode dicir que o temos moi ben coidado,tamén eé un gran compañeiro e grande traballador,sin él a cociña estaría cando hai traballo feita un cristo, parece mentira pero o que recolle e o máis ordenado é el. Eu, son a que vai escribir esto a que vai tratar de acercarvos a nosa cociña e tamén do que me pasa diariamente, o meu neno ,o meu neno ,é todo o que pasa por esta cabeciña tola. Tamén compartrei frases, parrafos que pra min son importantes, chegaredes a dicir de mín,esa frase que tan famosa está sendo esta semana "por qué no te callas", no restaurante din que non calo nin debaixo da auga, sobre todo o "salteado"(Francisco), un dos camareiros mañán fálovos dos demais.BICOS.


ERUNT DUO IN CARO UNA(¿Dos en una carne sola)

No hay comentarios: