domingo, 23 de diciembre de 2007

NÓS

Perto de tí,
có corpo prendido
disposta a entregarme
a esa choiva máxica.
A esa tormenta de ensono,
crúzasme en tódolos tempos e espazos,
forte rápido.

Chove,
o sol está dentro de nós,
e o furor, a choiva.

Despoxámonos da forza do ensono,
e a pequena morte rabuña con cólera o monte,
convulsións firmes...perto de tí

7 comentarios:

Unknown dijo...

desnuda, potente, cruda...
quitemos adxetivos e poñamoslle nome POESIA....
moi boa poesia
esta ademais e tua ¿non?
parabens trasmites moita forza
apertas e bo nadal.......

pd:encantoume o orgasmo felino de "a pequena morte rabuña con colera o monte, convulsions fortes...preto de ti"

Druid dijo...

Gustoume leerte.
A mitade de min xa está de volta, ahora loito por recuperar a outra mitade, a que está tras o pano de papel e o vaso con paracetamol.
Bicos.

Son Unha Xoaniña dijo...

Moi boa tamén esta poesía,
Ai! esa pequena morte....
fantástico.
Boas festas e millor 2008
Unha aperta

Chousa da Alcandra dijo...

Unha boa descripción da "petite mort".

("..crúzasme en tódolos tempos e espazos...")

Feliz aninovo

Druid dijo...

De todo corazón: FELIZ ANO.
Que vexas conseguido todo o que soñas con conseguir.
Que vexas olvidado todo aquelo que queres olvidar.
UN bico.

Druid dijo...

Supoño que polas datas andas perdida entre fogons.
De todos modos, deixote un recordo por aqui, para que sepas que sigo visitando teu recuncho en busca das tuas palabras (ou do menu do dia jejeje...)
Bicos.

Mararía dijo...

Roza a perfección erótica. Encantoume.